O Deportivo e o Lugo comezan a fase de traballo en grupo

0 minutes read

Os dous equipos galegos de segunda pasan de fase tras unha primeira semana satisfactoria de adestramentos individuais. Empezar de novo logo de dous meses de confinamento trae consigo fatiga e moitas precaucións. Porque hai moitos fundamentos futbolísticos que recuperar. Evitar problemas, ese é o principal obxectivo para volver a competir, sen risco, con precaucións, pero sen medo.