O Deportivo ficha a Raí Nascimento


Trátase dun mozo extremo, ocupará a ficha sub-23 que quedara libre agora mesmo, pode actuar polas dúas bandas e mesmo como dianteiro centro. Este ano disputou varios encontros co Zaragoza en Segunda División e ten experiencia recente en Segunda B despois de pasar a última campaña e media no Eivissa. Alí disputou 35 partidos e marcou 5 goles. O brasileiro acaba de rescindir o seu contrato co Real Zaragoza e chegou libre á Coruña. A súa chegada estará destinada a liquidar unha das grandes carencias que presentou o Deportivo esta tempada: a falta de xogadores desequilibrantes nas bandas.