40
O Deportivo pecha a súa pretemporada encaixando a primeira e única derrota ante o Valladolid Promesas (2-0). Nun encontro igualado e de pouco brillo, decidiu o erro do porteiro colombiano, Lucho García, que estivera ben baixo paus durante todo o partido. O Dépor foi de menos a máis, pero non logrou marcar nas escasas ocasións que tivo. O Dépor mellorou na segunda parte. Non tanto co balón, pero si dando un paso máis na presión. Un grave erro de Lucho García decantou a balanza. O meta entregoulle o balón a Raúl Uche e o dianteiro non desaproveitou o agasallo. No desconto, Alonso adiantouse á defensa nunha falta lateral para facer o segundo de cabeza.