15
Este sábado venceu a o Calahorra (0-3) no estadio da Planilla. Partido correspondente á xornada 3 de Primeira RFEF na tempada 2021/2022. O conxunto coruñés gañou grazas a unha boa primeira parte e a súa gran pegada. Volveron marcar Quiles, Miku e Noel, que segue tocado pola variña e deixou moitos detalles de novo en 10 minutos. Mantivo o bloque Borja Jiménez con respecto ao duelo de Tudela, pero con lixeiros matices tendo en conta o cambio de partido. Víctor, De Vicente e Doncel por Benito, Villares e William. Para un 3-4-3 de inicio que pronto pasou a un 4-3-3 máis clásico para igualar o bo xogo entre liñas do Calahorra.