O Deportivo tirou de pegada para dobregar ao Bergantiños

1 minutes read

Partido de pretemporada, e posta a punto, xogado no campo de Ponche dos Brozos de Arteixo. Os de Lemos plantaron cara durante unha primeira parte na que dispuxeron das mellores ocasións, pero atopáronse con Mackay. A pegada foi cousa branquiazul, con dous dianteiros en estado de graza como Quiles e Santamaría que esperan prolongar o seu bo momento cando os partidos xa conten. Tras dous avisos de Soriano e Gorka, non fallou Quiles. O andaluz marcou coa dereita tras unha boa asistencia de Trilli. O cadro de Carballo pasou entón a dominar, pechando todos os espazos e ameazando sempre á contra ata converter a Mackay no mellor da primeira parte. O meta salvou tres veces o empate. O mesmo que Canedo o 2-0 nunha rápida contra tapando a Soriano. Sobre a bucina do intermedio, o acoso do Bergan tivo premio cun gran gol de Boedo para igualar. Na segunda parte nunha xogada rápida, Soriano atopou a Trilli ás costas da defensa e o lateral asistiu para que Gorka empuxase o balón ao fondo da rede no minuto 47. O marcador xa non se movería máis, 2-1, a favor do Depor.