A designación arrinca con polémica ao decidir a Academia Galega escribir o seu nome segundo a normativa oficial
Con vinte e un votos a favor, o plenario da Real Academia Galega decidiu que o Día das Letras Galegas de 2020 homenaxeará a figura de Ricardo Carvalho Calero. Os académicos reuníronse este sábado na sede coruñesa da rúa Tabernas para debater as dúas propostas presentadas arredor da candidatura do escritor, filólogo e profesor ferrolán, a única presentada desta volta.
O presidente da institución, Víctor Fernández Freixanes, salientou as achegas de Carvalho Calero á nosa lingua e á nosa cultura e destacou tamén o seu traballo como crítico, ensaísta e creador literario.