O DOG publicou a incoación do expediente para declarar BIC o Entroido galego

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a resolución da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pola que se incoa o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial o Entroido, unha das tradicións máis singulares e arraigadas de Galicia.

Coa publicación deste expediente, o Entroido galego queda protexido, tendo en conta o interese etnolóxico, a función social e a riqueza cultural e patrimonial desta celebración nas súas diferentes representacións e expresións, así como a súa capacidade para xerar riqueza no ámbito local, fortalecer a convivencia e, por suposto, o entretemento e o xúbilo. Agora, disponse dun máximo de 24 meses para completar o expediente, pero os efectos da mesma son de aplicación desde este momento.

A declaración realízase en senso amplo para toda a celebración, non circunscrita só a unha serie de festexos, dada a súa pluralidade e implantación territorial. De feito, 191 dos 313 concellos galegos (61 %) escolle unha data vencellada ao Entroido como festivo local.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?