O DOG publicou a convocatoria dos actos expropiatorios para a senda Carballo – Coristanco

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se convoca aos propietarios dos terreos necesarios para a execución do proxecto de itinerario peonil e ciclista na estrada AC-552, que unirá os núcleos de Carballo e Coristanco, para o levantamento de actas previas á ocupación.

O orzamento estimado desta actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade supera o 1 millón de euros.

Trátase da construción dun itinerario de uso compartido que permita a circulación de peóns e ciclistas non deportivos nesta estrada, entre os puntos quilométricos 32+620 e 34+400, dando continuidade ás beirarrúas existentes no núcleo de Carballo ata as beirarrúas existentes no lugar de Montecelo, no concello de Coristanco.

Ao acto expropiatorio están convocados os días 5, 6 e 7 de outubro os titulares dos terreos situados no termo municipal de Carballo, no Fórum Carballo, das 10:30 ás 13:00 horas. Os propietarios dos terreos situados no municipio de Coristanco están citados o día 8 de outubro, na Casa do Concello, das 10:30 ás 11:00 horas. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: .