O domingo 15 nova edición da Marcha Cicloturista a Bergantiños

1 minutes read

Trátase dunha iniciativa do Club Ciclista Carballo, onde 150 deportistas maiores de 15 anos poderán gozar dunha ruta de 85 quilómetros polo litoral de Bergantiños. A Marcha Cicloturista será de velocidade controlada, de xeito que o pelotón marche agrupado ao longo de todo o percorrido e cunha velocidade media estimada de 26 Km/h. Nas subidas dende O Couto ao miradoiro do Monte do Faro de Brantuas, onde se realizará o avituallamento, e de Razo a Oza, para facilitar que cada participante suba ao ritmo que lle resulte máis axeitado haberá dous tramos libres, de carácter non competitivo. A concentración será o día 15 no Pavillón Vila de Noia. A entrega de dorsais realizarase de 08:00 a 09:00 horas, e a saída será ás 10:00.