O dumbriés Victor Senra gañador do rali da Coruña

dpm.

Víctor Senra foi o claro dominador desta edición do rali da Coruña, nunha proba con numerosos abandonos. O piloto de Dumbría foi o máis rápido tras a disputa dos dous primeiros tramos cronometrados, Aranga e Coirós, nunha mañá marcada polos problemas de varios dos pilotos de cabeza. Senra mostrouse intratable na estrada, seguido de Iago Caamaño que foi segundo e Alberto Meira terceiro.