O edificio de 24 vivendas públicas no Castiñeiriño, en Santiago, acada o 20% da súa execución

1 minutes read

Na actualidade, os traballos concéntranse na cimentación do edificio, polo que se se segue co ritmo previsto para que podan estar rematadas no verán de 2023.

As 24 vivendas que acollerá este inmoble, distribuiranse da seguinte maneira:

5 vivendas de 4 dormitorios. Todas adaptadas para o uso por persoas con mobilidade reducida.

13 vivendas de 3 dormitorios. Unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida6 vivendas de 2 dormitorios. 

Todas disporán de praza de garaxe e dun rocho na planta soto do inmoble.

O inmoble contará cunha fachada formada por placas de seis milímetros de espesor sobre illamento de la mineral, con carpintería exterior de aluminio anodizado con rotura de ponte térmica. Os vidros con cámara, de baixa emisividade, e con contras exteriores nas fachadas leste e oeste.

Os pavimentos serán porcelánicos no interior das vivendas, que contarán con carpintería interior de entramado de madeira revestido con material (MDF) hidrófugo e acabado lacado en cor branco.

A auga quente sanitaria e a calefacción serán proporcionadas por bombas de calor xeotérmicas individuais. O sistema de calefacción será por chan radiante.