O ensino público galego contará no curso 2023/24 con 370 profesores máis

1 minutes read

Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, en declaracións aos medios ante o inicio escolar. Detallou que, dos docentes a maiores, 260 se corresponden co incremento da oferta de FP, 70 destínanse a programas de prevención do abandono educativo e de atención á diversidade e outros 40 para o incremento de grupos en ESO e Bacharelato. No caso de Infantil e Primaria, mantense invariable o número de mestres, malia que o número de estudantes nestas etapas no sistema público descende en máis de 2.600 alumnos respecto do curso pasado. O curso 2023/24 comeza o vindeiro luns día 11 para un total de 311.823 alumnos de Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO e Bacharelato (entre centros públicos, concertados e privados). 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?