O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración con ANPA Ventorrillo, ANPA Xaviña, AC Raigañas, AC Malante, ACD Mallas de Area, Redeiras Mar da Illa, Asociación de Amijos da Mikaela, ACD Carcaxía, AVCS O Brizo, AC Campal, AVSC O Quinteiro, o CEIP Milladoiro e o CEIP Joaquín Rodríguez Otero, vén de presentar este mércores o programa do Entroido 2026.
Durante máis de dúas semanas, esta celebración transformará as rúas da vila e das súas parroquias nun escenario cheo de cor, ledicia e tradición, cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos.
PROGRAMA DO ENTROIDO DE MALPICA 2026
Sábado, 7 de febreiro
Buño.
IV Cocido Campal no restaurante Canta la Rana.
Concurso dos mellores disfraces e actuación de DJ Txino Rock e DJ Anthony desde as 14.00 h.
Prezos: adultos 40,00 €, infantil 20,00 € e bus 6,00 €.
Reservas: 658 118 871 / 679 290 135.
Organiza: AC Campal.
Venres, 13 de febreiro – Venres de Entroido
Malpica.
Pasarrúas de Entroido do CEIP Milladoiro desde as 10.45 h.
Percorrido: CEIP Milladoiro, rúa Canido, Paseo da Praia, queima fronte ao JB, Paseo Marítimo, rúa Eduardo Pondal, rúa Ramón Criado, praza do Cruceiro, rúa Eduardo Vila Fano e praza Anselmo Villar Amigo.
Organiza: CEIP Milladoiro.
Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero desde as 11.00 h.
Percorrido: CEIP J.R.O., rúa Xaviña, rúa Santa Filomena, rúa Santa Catalina, igrexa e regreso polo mesmo itinerario.
Organiza: CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Sábado, 14 de febreiro – Sábado de Entroido
Cerqueda.
Festa de disfraces infantil de 11.00 a 13.30 h no Centro Sociocultural das Pozacas, con xogos, música, baile e premios aos mellores disfraces.
Organiza: AC Raigañas.
Malpica, na rúa.
Desde as 13.30 h sesión vermú con Judith Cundíns.
Ás 15.00 h cocido de Entroido.
Prezo: 35,00 € adultos e 15,00 € crianzas.
Venda de entradas no Estanco de Vanessa, Libraría Migúens e Perruquería de Belén.
De 18.00 a 24.00 h desfile con música polas rúas da vila con DJ Anthony, DJ Ariax e DJ DVF.
Organiza: AC Malante.
Pubs da vila.
Noite do Concurso de Comparsas e Disfraces.
Cestas de Entroido para os mellores disfraces e comparsas.
Organizan: Fío Negro, Leño, Prisma, Submarino e Varadero.
Domingo, 15 de febreiro – Domingo de Entroido
Malpica.
Actuación da Charanga ACDC polas rúas da vila desde as 17.00 h.
Desfile de disfraces infantil con saída do Centro Cívico ás 17.00 h e remate na rúa Eduardo Vila Fano.
Organiza: AC Malante.
Encontro de comparsas e disfraces de Entroido desde as 17.30 h polas principais rúas da vila.
Entrega de premios desde as 19.00 h na rúa Eduardo Vila Fano.
Categoría xeral desde 13 anos: 1º premio 200 €, 2º premio 100 € e 3º premio 50 €.
Categoría infantil de 0 a 12 anos con agasallo para todas e todos os participantes e premio ao mellor disfrace.
Concurso de piñatas do Entroido desde as 17.30 h na rúa Eduardo Vila Fano.
Entrega de premios ás 19.00 h.
Premios: 1º 80 €, 2º 45 € e 3º 25 €.
Organizan: AC Malante e AC Campal.
Luns, 16 de febreiro – Luns de Entroido
Malpica.
Tómbola infantil de 11.00 a 14.00 h no Pavillón Polideportivo.
Organiza: AC Malante.
Seaia.
Xornadas de Entroido 2026 para rapazada de 4 a 12 anos.
Do 16 ao 18 de febreiro, de 9.00 a 14.00 h, na Casa da Cultura.
Inscricións no 611 747 756, só por WhatsApp.
Organiza: ACD Carcaxía.
Martes, 17 de febreiro – Martes de Entroido
Malpica.
Festa de disfraces infantil con inchables de 17.00 a 20.00 h no Pavillón Polideportivo.
Actividade dirixida á rapazada ata 14 anos.
Colabora: ANPA Ventorrillo.
Mércores, 18 de febreiro – Mércores de Cinza
Buño.
Contos para Caghar Patatillas de Brais das Hortas desde as 17.00 h.
Ás 18.30 h merenda de Entroido.
Actividades no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Colabora: ANPA Xaviña do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Sábado, 21 de febreiro – Sábado de Piñata
Buño.
Desde as 13.00 h sesión vermú na praza de Santa Xusta.
Ás 16.00 h saída da Mikaela desde o restaurante Canta la Rana.
Parada de 16.15 a 18.30 h no Cruce de Xornes.
Parada ás 18.35 h na Prazoletta.
Ás 19.30 h misa cantada por Lito da Panorama e o Padre Roy no parque Luciano García Alén.
Ás 20.00 h queima da Mikaela no aparcadoiro da Casa Elías.
Desde as 21.00 h ata as 5.30 h festa con DJs Dani Moreno, Dany BPM, DJ Charlie, DJ Roy, DJ Jossi, Drew Korme, Dani Villa, David Correa e Brais Pazo.
Organiza: Asociación de Amigos da Mikaela.
Domingo, 22 de febreiro – Domingo de Piñata
Cerqueda.
Percorrido dos Madamitos e Ghardiñeiros pola parroquia desde as 11.00 h, con remate cun cocido para a comitiva.
Organiza: AC Raigañas.
Vilanova.
Festa de disfraces infantil e degustación de doces de Entroido desde as 16.30 h na Escola de Pontella.
Colabora: AVCS O Brizo.
Malpica.
Actuación da Charanga DGT polas rúas da vila desde as 17.30 h.
Enterro do Faustino, con saída do Centro Cívico ás 17.30 h e percorrido polas rúas da vila ata o porto.
Organiza: A Tropa dos Pardo.