O «Entroido na casa» da Laracha repartiu máis de 1.300 euros en premios

1 minutes read
  • Houbo dúas formas de elixir aos premiados: unha foi a través dos «me gusta» no Facebook do Concello e outra quedou baixo decisión dun xurado propio

Este venres concluíu o «Entroido na casa», o concurso de disfraces telemático que organizou o Concello da Laracha para celebrar unha festividade que, debido á pandemia do coronarivus, este ano foi atípica pero igual de colorida e divertida. Neste certame podían participar todas as persoas empadroadas no Concello, establecéndose tres categorías principais e repartindo 1.390 euros en premios.

No concurso, que se materializou a través da páxina de Facebook do Concello da Laracha, houbo preto de 15.000 votos entre todos os participantes. A próxima semana o Concello poñerase en contacto cos premiados, que foron os seguintes:

Categoría individual infantil:

  1. O Barredor (955 gústames): 75 euros.
  2. Mani Granjero (692 gústames): 60 euros.
  3. Confinamento Pirata (522 gústames): 50 euros.

Categoría individual adulto:

  1. A Sombreireira Loca (495 gústames): 75 euros.
  2. Payasa (445 gústames): 60 euros.
  3. Niña del exorcista (421 gústames): 50 euros.

Categoría Familiar:

  1. Pastores cos seus animais (1.411 gústames): 150 euros.
  2. Miña nai non me fai caso (1.376 gústames): 100 euros.
  3. Vikingas al poder (556 gústames): 75 euros.

Ademais do concurso en Facebook a nivel xeral, o xurado tamén seleccionou máis gañadores tendo en conta aspectos como a creatividade, orixinalidade, posta en escena e elaboración artesanal.

  • Categoría individual infantil:
  1. A Cepa Brasileña do Covid: 75 euros.
  2. Martín S.L.: 60 euros.
  3. Mini Granjero: 50 euros.

Categoría individual adulto:

  1. O Paiaso Jrande: 75 euros.
  2. A Sombreireira Loca: 60 euros.
  3. Popcorn: 50 euros.

Categoría Familiar:

  1. Carnaval 2021 en Punta Cama: 150 euros.
  2. Ti de Ke Baskf: 100 euros.
  3. Almaques: 75 euros.