33
Trompazo histórico do euro fronte ao dólar. Este luns a moeda europea alcanzou o seu nivel máis baixo fronte á estadounidense desde a súa introdución en 2002. Entre as causas principais, as diferentes receitas da Reserva Federal e o Banco Central Europeo, pero tamén os efectos da invasión rusa de Ucraína e a súa repercusión no mercado enerxético. O euro chegou a perder un 0,84%, situándose a súa compra en menos dun dólar. O regulador estadounidense anunciou unha subida dos tipos duns 50 puntos para atallar a inflación en setembro, situándose así na pinza entre o 2,75% e o 3%, o que, xunto á aversión ao risco, está a facer ao billete verde máis atractivo para os investidores.