O Eurogrupo acorda mobilizar 500.000 millóns para atallar a crise do Covid-19

1 minutes read

Acordo do Eurogrupo para dar unha resposta común á crise económica que xa se sente pola pandemia do coronavirus e que pode ser histórica. Os ministros de Finanzas da zona Euro levaron a un acordo para mobilizar de inmediato 500.000 millóns de euros, cun paquete de axuda que se centrará en apoiar o sistema sanitario, dotar de liquidez ás empresas e poñer en marcha un fondo para un plan de reactivación da economía. O acordo chega despois de que Holanda accedese a alixeirar as condicións de acceso ao fondo de rescate. Os ministros de Economía e Finanzas comunitarios lograron un pacto no seu segundo intento, despois de que o mércores pola mañá tivesen que suspender a reunión tras dezaseis horas por falta de consenso sobre este punto.