O Exército desprega 30 patrullas contra os incendios forestais en Galicia

1 minutes read

Formadas por membros do Exército de Terra e de Infantería de Mariña, comezan a operación Sentinela Galego 23, que estará activa do 15 de agosto, ao 30 de setembro, para a loita contra os incendios forestais en Galicia. Este dispositivo realizará labores de vixilancia e disuasión nun total de trinta e oito municipios, cinco máis ca o ano pasado, repartidos en oito distritos forestais, un máis ca en 2022, tal e como se recolle no convenio asinado entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia. As unidades militares actuarán baixo o control do Mando de Operacións, e o xeneral Alfonso Pardo de Santayana exercerá como xefe de todas as forzas militares participantes, aínda que, a pedimento da Xunta, poderase modificar e variar o esforzo das patrullas en cada zona para adaptarse á valoración do risco.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?