O exministro do Interior, Jorge Fernández, (PP), imputado na operación Kitchen

O xuíz do caso Villarejo, Manuel García-Castelló, citou a declarar como imputado o 30 de outubro ao exministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, pola espionaxe a Bárcenas. García-Castelló evita citar por agora a María Dolores de Cospedal, exsecretaria xeral do PP, e ao seu marido, o empresario Ignacio López del Hierro, como solicitara tamén a Fiscalía Anticorrupción. O auto atribúelle ao Ministerio a dirección do operativo parapolicial para espiar a Bárcenas e coñecer se o extesoureiro do PP tiña documentos que puideran comprometer altos cargos do partido. Unha trama en que, di o xuíz, presuntamente Jorge Fernández Díaz participaba directamente.O PP anuncia que lle abrirá un expediente informativo ao exministro que segue militando no partido.