O expresidente de Portos de Galicia dimite de todos os seus cargos no PP

0 minutes read
  • Afirma sentirse desautorizado e perder a confianza de Feijóo.

José Juan Durán Hermida ocupou cargos de relevancia como o de secretario de organización do PP de Pontevedra. Agora dimitiu de todas as súas responsabilidades tras ser cesado como Presidente de Portos de Galicia recentemente, e tomalo como unha perda de confianza política cara á súa persoa por parte do presidente Feijóo. Así llo fixo chegar mediante correo electrónico ao presidente provincial do PP pontevedrés, Alfonso Rueda.