O Festival Rosalía reivindica os superpoderes da cultura galega

1 minutes read

Rosalía de Castro volveu ser a protagonista da terceira edición do festival que durante este sábado reuniu na praza de Cervantes de Santiago de Compostela unha feira de produtos inspirados na súa figura e un amplo programa de espectáculos de música, teatro e obradoiros. A imaxe renovada dunha Rosalía superheroína presidiu o cartel do Festival Rosalía, un evento organizado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Santiago e do Museo do Pobo Galego.

Nesta nova edición do Festival participaron oito produtores e produtoras e librarías que levan anos espallando os versos, a imaxe e a figura da poeta nas súas creacións. Segundo informan dende a propia Deputación, con esta xornada quíxose homenaxear a Rosalía, reivindicándoa como escritora actual e universal, defensora dos dereitos da Galiza e das mulleres.