O Fondo Monetario Internacional prevé que 170 países, dos 180 membros, entren en recesión este ano e experimenten unha diminución do ingreso per cápita. Aínda que admite que non sabe aínda cal será o alcance desta crise.
A súa directora atreveuse a vaticinar que esta será a peor recesión desde a Gran Depresión. Tamén sinalou que os gobernos xa adoptaran medidas de estímulo fiscal por valor de 7,3 billóns de euros, pero que probablemente se necesitarían máis. Unha resposta sen precedentes que a pesar de todo, non poderá evitar a peor das catástrofes económicas.
A presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, asegurou que o Coronavirus representa un novo shock económico que non pode ser abordado usando o mesmo modelo que no pasado.