O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, estarán na cita deste venres.
Esta XV Reunión Anual contou coa presenza de máis de 70 persoas en representación de empresas, universidades, partidos políticos, organismos internacionais e económicos, e xornalistas.
A relevancia da xeopolítica na situación económica actual marcou boa parte do debate durante a xornada, na que se destacou o trasvase do centro económico mundial hacia Asia, o papel de Europa e Estados Unidos no actual contexto e a necesidade de respostas xeoestratéxicas para limitar a fraxilidade e a incertidume na economía.
Estas foron algunhas das conclusións da da primeira das mesas de debate, ‘Economía global, cadeas de valor e as 3 XEOs: xeoestratexia, xeopolítica e xeoeconomía’, que contou coa presenza de Francisco Carballo (Universidade do Minho); Maria Bastida (Universidade de Santiago de Compostela); Fernando González Laxe (Universidade da Coruña), e Maria Montalvo Freire (Megasa). Moderada pola xornalista Lara Graña.
A segunda mesa foi de ‘Minería en Galicia: retos e proxectos’. Nesta sesión, falouse da oportunidade que supón a minería para a economía e a industria galegas, sempre e cando os proxectos sexan executados con transparencia e responsabilidade, cumprindo todas as esixencias legais e de protección medioambiental.
Interviron Emilio Bruquetas (Recursos de Galicia); Alberto Lavandeira (Atalaya Mining); José Manuel Saldaña Oliete (SAMCA), Manuel Soto Castiñeira (ADEGA e Universidade da Coruña). Moderada pola xornalista Fernanda Tabares.
Xa pola tarde, chegou a quenda de ‘Incendios forestais: como abordar as causas e mitigar o seus efectos’, con Edelmiro López (Universidade de Santiago de Compostela); Juan Picos (Universidade de Vigo); Nuria Rodríguez Arias (LugoMadera); e Fantina Tedim (Universidade do Porto). Unha mesa moderada pola xornalista Verónica Núñez.
Nesta mesa falouse, entre outros aspectos, da necesidade de xerar actividade económica no rural para evitar a despoboación e o risco de incendios nestas zonas, un problema xa crónico en Galicia.
Xornada deste venres
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, estarán na cita deste venres.
A primeira mesa será ‘O bo momento da economía española ante os desafíos globais’, con Luiz De Mello (director dos estudos de país da OCDE) e Raymond Torres (director de Conxuntura Económica de FUNCAS). Presenta Marta Fernández Currás (Ecoener / RCDeportivo A Coruña).
A última das mesas da reunión será ‘Financiación autonómica: Unha guía para non Perderse’, con Miguel Corgos (Consellería de Facenda); Maria Cadaval (Universidade de Santiago de Compostela); Santiago Lago Peñas (Universidade de Santiago de Compostela), e Xoaquín Fernández Leiceaga (Universidade de Santiago de Compostela). Moderada polo xornalista Julián Rodríguez.