25
- Habilitarase este mércores de xeito indefinido
O Concello de Carballo, a través dun comunicado do Sergas, destaca que o punto de probas diagnósticas que se habilitará este mércores no Fórum Carballo «permanecerá operativo de xeito indefinido».
O cribado realizarase de 15.00 a 21.00 horas na planta baixa do edificio. Para acudir será imprescindible pedir cita en coronavirus.sergas.gal ou escaneando o código QR que aparece na imaxe de portada deste artigo.