28
Os líderes do G7 comprométense a «eliminar gradualmente a súa dependencia da enerxía rusa», suprimindo ou prohibindo a importación do petróleo procedente de Rusia, segundo un comunicado conxunto difundido pola Casa Branca. Con todo, a nota non detalla o acordo adoptado polas sete potencias máis industrializadas do mundo, Estados Unidos, Alemaña, Canadá, Francia, Italia, Xapón e Reino Unido, que se poñerá en práctica «de maneira oportuna» e «ordenada» para garantir as vías de subministración alternativas. Este é o principal acordo da reunión mantida este domingo por videoconferencia, na que interveu tamén o presidente ucraíno, Volodímir Zelenski.