Nunha orde ministerial nun Boletín Oficial do Estado (BOE) extraordinario, establécese esta medida preventiva para todos os hoteis e aloxamentos similares, aloxamentos turísticos e outros aloxamentos de curta estancia, cámpings, aparcamentos de caravanas e outros establecementos similares, situados en calquera parte do territorio nacional.
O Executivo establece o peche de todos estes tipos de establecementos a partir do momento no que cada un deles «non dispoña de clientes aos que deba atender e, en todo caso, no plazo máximo de sete días naturais» desde a entrada en vigor da norma este mesmo xoves. Para establecementos de aloxamento turístico de longa estancia e de tempada, aclara que quedará permitida a apertura ao público daqueles establecementos turísticos que alberguen clientes «que, no momento de declaración do estado de alarma, estean hospedados de maneira estable e de tempada, sempre que os seus ocupantes conten coas infraestruturas, nos seus propios espazos habitacionais».