O Goberno aplicará en breve «un sistema de rebaixas ambicioso» na AP-9

1 minutes read

O Ministerio de Transportes está a deseñar un sistema de bonificacións que «supoñerá unha rebaixa media de 100 euros ao mes» na AP-9 e que entrará en vigor no primeiro semestre de 2021, segundo se publicou este mércores. Este sistema de bonificacións duraría ata 2048, ano no que finaliza a concesión a Audasa, segundo avanzou o secretario xeral de infraestruturas do ministerio de Transportes, Sergio Vázquez.

Vázquez sinala que é un sistema de rebaixas «ambicioso» e que desde o Ministerio están a traballar «a marchas forzadas» para que entre en vigor canto antes. Para o secretario xeral de Transportes, 2021 será un ano crave para a mobilidade en Galicia, pois ademais dos descontos na AP-9, neste ano poñerase en funcionamento a liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid.