- Máis do 30% das persoas beneficiarias son menores de idade
O Goberno aprobou no Consello de Ministros deste venres o ingreso mínimo vital, unha política social que chegará a 850.000 fogares e beneficiará a preto de 2,3 millóns de persoas, con especial incidencia nos menores. O obxectivo desta medida é erradicar a pobreza extrema.
O ingreso mínimo vital inclúe estratexias de inclusión, en coordinación coas CC. AA. e os concellos, que permitirán que as persoas en vulnerabilidade transiten a unha situación mellor. Estímase que garantirá aos fogares unha renda mínima de entre 5.538 e 12.184 ao ano e sacará da pobreza extrema a 1,6 millóns de persoas. Máis do 30% das persoas beneficiarias son menores de idade.
Esta prestación poderá solicitarse a partir do 15 de xuño e, durante o primeiro mes de vixencia, actuarase de oficio para que se abone a uns 100.000 fogares que cumpren os requisitos, sen que sexa necesario que a soliciten.