O Goberno aproba un programa de asistencia básica para as familias máis vulnerables

1 minutes read

O Consello de Ministros puxo en marcha un programa para facilitar ás familias en situación de máis vulnerabilidade e con menores ao seu cargo unhas ‘tarxetas moedeiro’ ou vales trocables por produtos de alimentación e de primeira necesidade.

O ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy, destacou que se trata de “un paso decisivo para dignificar a protección social e que as familias con fillos e fillas a cargo non teñan que ir ás colas da fame”, xa que poderán comprar eses produtos básicos no supermercado.

Bustinduy tamén remarcou o aumento da contía da axuda que recibirán as familias -entre 130 e 220 euros ao mes, dependendo do número de membros da unidade familiar-, así como o feito de que os beneficiarios poderán acceder directamente a produtos frescos como a froita e a verdura, algo que a natureza do anterior sistema de repartición de bolsas non posibilitaba.

Este programa de asistencia material básica vaise executar mediante unha subvención a Cruz Vermella Española de algo máis de 100 millóns de euros para poñer en marcha o novo modelo e pilotalo entre o mes de abril, cando acaba o fondo europeo anterior, e o 1 de xaneiro de 2025, cando serán as comunidades autónomas quen asuma a xestión completa. Serán os servizos sociais autonómicos quen determine que familias poden participar no programa. Estas familias acudirán aos centros de referencia de Cruz Vermella, onde se lles entregarán as ‘tarxetas moedeiro’ que poderán usar nos supermercados colaboradores.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?