O Goberno central poderá pechar sitios web sen orde xudicial

1 minutes read

O Boletín Oficial do Estado publicou este 5 de novembro o Decreto Lei que, aprobado polo Goberno de España en Funcións no seu penúltimo Consello antes das eleccións xerais do 10N, introduce pola vía de urxencia novas restricións dende este mesmo 6 de novembro. Entre elas, o peche de sitios web por orde xudicial por máis motivos dos que o podía facer ata agora.

Como informou Eva Belmonte para Civio, o texto aprobado polo Executivo central modifica sen pasar polo Congreso -dado o seu carácter urxente- seis leis e mais un Decreto anteriores. Como avanzara o propio Pedro Sánchez en días previos, en referencia aos seus plans para limitar movementos do independentismo catalán en internet, o texto obriga a que os servidores que conteñan determinados datos persoais que fosen recompilados polas administracións públicas estean aloxados en servidores europeos agás en casos permitidos por acordos internacionais.