O Goberno concederá a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo ás campioas do mundo

1 minutes read

Así o anunciou o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, na recepción que tiveron as campioas na Moncloa. Desta forma o Executivo nacional recoñece a xesta das xogadoras españolas que se proclamaron campioas do mundo na Copa Mundial de Australia e Nova Zelandia. O presidente do Goberno tamén aproveitou a ocasión para dicir que van apostar máis para que o crecemento do fútbol practicado por mulleres siga crecendo e non se estanque: “Imos apostar por vós. A igualdade é algo transversal no deporte. Hai moito por facer, pero estamos no camiño”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?