O Goberno local de Muxía trasladou á Xunta de Galicia o proxecto de acondicionamento do paseo fluvial do río Negro, ao seu paso por Os Muíños, na parroquia de Moraime.
Esta actuación, que conta cun investimento de 91.660,17 euros, está enmarcado dentro do Plan de subvencións a Concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego.
O proxecto proposto polo executivo recolle a substitución de toda a zona que presenta deficiencias, así como o acondicionamento de toda a contorna e a mellora da sinalización.
“Con este proxecto continuamos potenciando e dando valor á riqueza natural e arquitectónica que temos en Muxía. O paseo fluvial do río Negro é unha xoia da nosa vila e un exemplo da arquitectura popular galega, onde se pode desfrutar de dezasete muíños restaurados”, destacou o alcalde Iago Toba Campaña.