- Este mércores votarase no Congreso a ampliación do estado de alarma ata o 7 de xuño
O Goberno e Ciudadanos acordaron este martes unha prórroga do estado de alarma de 15 días, ata o 7 de xuño, ao non querer este último alongar a situación durante un mes, como pretendía o Goberno de Sánchez.
O partido de Inés Arrimadas asegura así o apoio de Ciudadanos ao Goberno para evitar un acordo cos partidos nacionalistas, aínda que Esquerra Republicana de Cataluña asegurou que hai un principio de acordo para a súa abstención na votación da prórroga este mércores no Congreso.
Mentres tanto, o Ministro de Sanidade, Salvador Illa, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros que cren «necesario e imprescindible unha prolongación do estado de alarma ata o fin da desescalada» e non descarta unha nova prórroga para garantir as restricións de mobilidade durante o plan de desescalada.