O goberno español espera que non haxa derramamento de sangue en Venezuela

1 minutes read

O goberno español reaccionou á mensaxe de Juan Guaidó, no que afirma que a «fase final do fin da usurpación do goberno de Nicolás Maduro» comezou, e que se produce despois da liberación do opositor Leopoldo López.

A portavoz do goberno, Isabel Celaá, expresou o seu apoio ao proceso democrático de xeito pacífico e instou á celebración de eleccións: «[…] desexamos con todas as nosas forzas que non se produza un derramamento de sangue. Apoiamos un proceso pacífico en Venezuela, apostamos por unha celebración inmediata de eleccións para a elección dun novo presidente».

Guaidó comunicou na súa conta de Twitter que conta co apoio militar para dar comezo á Operación Liberdade, cuxo obxectivo é conseguir o cese da «usurpación» de Nicolás Maduro.

Fonte e foto: Euronews