O Goberno investiga as causas dos derrubes na A-6

1 minutes read

Así o asegurou a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, na súa visita á zona na tarde deste venres. Sánchez dixo que o executivo porá todos os medios posibles para que a infraestrutura poida poñerse en funcionamento con seguridade canto antes pero non concretou prazos. Os técnicos non descartan que nos vindeiros días se volva producir outro derrubamento, xa que hai varios piares que quedaron inclinados. Todo apunta a que o Ministerio terá que demoler toda a ponte por completo e facer unha revisión profunda de todo o trazado para comprobar que é seguro. A circulación está cortada nos dous sentidos. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou o derrubamento como un problema de índole nacional e reclamou á ministra que sexa abordado coa máxima prioridade e co máximo nivel de atención.