O goberno local de Malpica reclama máis pediatras e matronas

0 minutes read

Este venres parte do goberno local do Concello de Malpica sumouse á reivindicación para reclamar un maior número de matronas e pediatras. Baixo o lema «Estes recortes parámolos unidxs» participaron o alcalde de Malpica, Walter Pardo; o concelleiro de Servizos Sociais, Sergio García; a concelleira de Igualdade, Leticia Varela; a concelleira de Educación, María Álvarez e o concelleiro de Deportes, Miguel Varela.

Este acto enmárcase dentro dunha serie de actividades para conmemorar o Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, organizadas pola concellaría de Igualdade do Concello en colaboración coa de Servizo Sociais.