- Esta partida, de máis de 70.000 euros, será proposta na sesión plenaria do vindeiro mércores, 7 de outubro
O goberno local de Muxía presentará unha modificación orzamentaria para poder destinar máis fondos a axudas, servizos e obras. Esta partida, de máis de 70.000 euros, será un punto a someter a votación, e o executivo pretende que sexan destinados a gastos de obras como a compra de material e a adquisición dun brazo debrozador, así como a axudas para autónomos e micro empresas. Ademais, nesta partida tamén se atoparía a rúbrica dunha colaboración con AFAFeS para a creación de programa de ’Vida Activa’ do Concello de Muxía, destinado aos maiores do municipio.
«O equipo de goberno fixo os análises pertinentes para acadar o equilibrio económico e incrementar as partidas do orzamento xeral en máis de 70.000 euros, algo que se verá revertido positivamente para a veciñanza», argumenta o alcalde, Iago Toba, quen ademais sinalou que «incrementar as condicións de vida da nosa xente é o noso obxectivo prioritario».