O goberno municipal de Vigo inicia a humanización da Avenida de Europa


O Concello inicia a obra de humanización da Avenida de Europa co asfaltado da calzada. O goberno local inviste 300.000 euros no inicio da obra na que, segundo o propio alcalde, será una ampliación do corredoiro verde da Avenida de Castelao, con beirarrúa, carril bici e bosque: “Imos facer unha gran Avenida”, declarou en rolda de prensa.

Para favorecer o tráfico na zona, Abel Caballero informou que haberá un carril de circulación en ambas direccións. Tamén no tramo de máis afluencia, entre a VG-20 e os volcáns, as obras acometeranse de madrugada.

O alcalde tamén deu conta que “proximamente” comezarán tarefas de renovación da calzada en Tomás Alonso, Camiño Valada (Valadares), Cervantes, Avenida do Fragoso, Joaquín Lóriga, rúa Pontevedra, rúa Zaragoza, o tramo de Gran Vía entre Urzáiz e María Berdiales, rúa Porriño, rúa Padre Seixas, rúa Atlántida, rúa Cesáreo González, rúa do Carmen e rúa Nigrán.