O presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, anunciou este domingo a posta en marcha antes de finais de ano dun novo paquete de axudas que incluirá “mecanismos” para conter o prezo dos alimentos. Así o sinalou en Barcerlona, durante a súa intervención nun acto do PSC para promocionar a candidatura de Jaume Collboni ao Concello da capital catalá.
“Quero anunciarvos que a finais deste ano, cando aprobemos o novo paquete de axudas á xente, á clase media e aos traballadores para o próximo ano, imos incorporar tamén mecanismos para conter os prezos dos alimentos”, asegurou Sánchez, sen engadir máis detalles sobre en que consistirá esta proposta.
Segundo Sánchez, estas axudas non obedecen só a cuestións de “xustiza social” senón tamén a “unha cuestión de eficiencia económica” e lembrou que a intención do seu Goberno é poñer “todos os recursos ao servizo da xente”.