O Goberno propón subir a 30 anos o período de computo de pensións


O Ministerio de Inclusión e Seguridade Social expuxo este luns aos axentes sociais unha extensión do período de cómputo para calcular a pensión, que supoñerá elevalo a 30 anos podendo elixir os mellores 28 anos. Segundo fontes do Ministerio, o cambio “realizaríase de maneira progresiva” e iría acompañado dunha mellora do tratamento das lagoas de cotización para as mulleres e tamén para os homes cuxa carreira de cotización se viu minorada tras ter un fillo, en liña co funcionamento do complemento de brecha de xénero. Trátase, sinalan, dunha “proposta inicial” do Goberno, que agora queda suxeita á negociación con patronal e sindicatos, que este luns se retomou co obxectivo de pechar estas medidas comprometidas con Bruxelas antes de final de ano.