O Goberno rexeitou este mércores a xestación subrogada e lembrou que esta práctica e a súa publicidade é ilegal en España e constitúe unha forma de “explotación do corpo da muller” e de “violencia” contra as mulleres recollida na reforma da lei do aborto. Así o subliñaron tanto as ministras de Igualdade, Irene Montero, e de Facenda, María Jesús Montero, nos corredores do Congreso tras coñecerse que a presentadora e actriz Ana Obregón se converteu en nai aos 68 anos dunha nena por xestación subrogada en Miami. Para a ministra de Educación e voceira do PSOE, Pilar Alegría, a imaxe de Ana Obregón saíndo do hospital tras converterse en nai por xestación subrogada, foi “dantesca”. “Hai que chamar ás cousas polo seu nome. Esto son ventres de alugueiro, no noso país é ilegal e paréceme unha explotación da muller”, subliñou.
0