O Goldie Xiria Carballo Turismo, queda ás portas de dar a sorpresa en Meaño


Gran partido do Goldie Xiria, que a pesar das baixas e de viaxar só con doce xogadoras, a punto estivo de dar a sorpresa na cancha do segundo clasificado, o Asmubal Meaño Tecnelsa.

Destaca por encima de todo, a seriedade e concentración coa que o conxunto carballés afrontou este partido, completando un encontro notable e unha primeira parte sobresainte.

Despois dun primeiro tempo igualado, onde as locais gozarían de mínimas rendas, o Goldie Xiria Carballo Turismo adiantábase no marcador grazas a un balón roubado e a un gol en contraataque, que daba vantaxe ás bergantiñás cando soaba a chicharra que anunciaba o tempo de descanso. O bo facer da retagarda e o desplegue do contraataque en segunda onda, serían factores craves para que este resultado tornásese positivo ao termo do primeiros trinta minutos (11-12).

O equipo local sairía cunha marcha máis na continuación, sabedoras que o seu esforzo non ía ser suficiente ante un Goldie Xiria lúcido, así, conseguirían distanciarse por dous goles de diferenza no meridiano deste tempo (18-16), que se converterían en catro goles (22-18) a falta de dez minutos para a conclusión. Eses cinco minutos nos que o Goldie Xiria sufriría unha desconexión e sumaría ata catro perdas de balón consecutivas, sería, ao cabo, factor definitivo para que as de Meaño levasen a vitoria.

As de Carballo volverían asentarse sobre a pista e a asegurar cada balón no seu poder, pero un equipo co potencial do Asmubal Meaño Tecnelsa, non se deixaría sorprender e aproveitaría a renda para conseguir a vitoria sen dar posibilidade a sorpresas nos minutos finais.