O Grupo Lemaco ‘A’ acaba a Liga gañando ao Bueu

0 minutes read

Grupo Lemaco Xiria A 39  – Bueu Atlético Balonmán 34 – (23-14)

Derradeira xornada da Liga Ouro Cadete Masculino coa vitoria do Grupo Lemaco diante do Bueu Atlético. As baixas deron oportunidades algúns dos menos habituais que aproveitaron para facer un bo partido en ataque pero con moitas imprecisións na defensa e no repliegue. Si ben na primeira metade o Xiria dominou comodamente, na segunda complicouse en exceso facilitando a chegada dos xogadores de Bueu en posicións claras de lanzamento o que fixo apremar o marcador. Dentro de quince días o Xiria disputará a Final a 4 da categoría.