17ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino. Balonmán Cisne 38 – Grupo Lemaco Xiria A 29 (17-12)
O mal inicio do encontro, cun Grupo Lemaco castigado pola arbitraxe, tres exclusións seguidas nos primeiros 8 minutos a Marcos Varela que se tiña que ir do encontro con tarxeta vermella, lastraron ao equipo que non soubo repoñerse e xogou a desesperada en moitos tramos do encontro, demasiadas precipitacións e moitos erros no lanzamento. Tampouco a defensa funcionou, a intensidade dos primeiros minutos viuse truncada polas exclusións sufridas e o Xiria non era capaz de pechar a súa defensa. A falta dunha única xornada na clasificación o Xiria cede o segundo posto a precisamente o Cisne, que empata a puntos pero ten a favor o golaveraxe, a derradeira xornada visitará Carballo o Bueu Atlético.