Grupo Lemaco Xiria A 35 – Oar Ciudad 31 (19-15)
O equipo Cadete suma por vitorias os seus partidos e acada diferenza no seu grupo diante dos seus rivais. Non amosou o Xiria a súa mellor cara en defensa, con moitos fallos e falto de intensidade en moitas xogadas, pero soubo ler ben por onde facer dano ao Oar no ataque.
Partido onde a superioridade de envergadura dos coruñeses supoñía un escollo que tiñan que superar os xogadores do Grupo Lemaco para poder chegar con opcións a portería, moita mobilidade entre postos e boa selección de lanzamento foron as craves para levar e dominar durante todo o encontro.
Non estivo tan atinado o equipo carballés en defensa, moi débil no un contra un, e moi perdidos nos cambios de opoñente, a portería aguantou e aportou gran parte da vitoria, e por veces conseguía que o equipo puidera correr a contra e materializar a diferencias no marcador.
Agora para rematar a fase faltan os dous partidos diante do Abegondo nas vindeiras semanas.