O Grupo Lemaco ‘B’ pechou a Liga Prata gañando ao Lucense

1 minutes read

14ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino. Grupo Lemaco Xiria B 43 – Balonmán Lucense 31 (20-17)

Gran partido o xogado por parte do segundo equipo cadete diante do Lucense para pechar a primeira parte da competición da Liga Prata. Saíu moi concentrado e sabedor por onde tiña que amarrar ao rival en defensa e con moito descaro e xogo combinado no ataque, onde os xogadores locais fixeron o mellor partido da tempada. Si na primeira metade costaba irse no marcador non superando nunca os 4 ou 5 goles, pois o Lugo sempre remontaba, foi na segunda metade onde a velocidade de xogo e a lectura da defensa rival deron unha cómoda vitoria ao Xiria. Agora a esperar a seguinte fase onde se medirá pola clasificación cos equipos dos grupos de Pontevedra Ourense.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?