O Grupo Lemaco Xiria remata a primeira volta con vitoria

1 minutes read

Balonmán Atlántico 29 – Grupo Lemaco Xiria B 39 – (13-18).

Remataba a primeira volta da Liga Ouro, e o Grupo Lemaco conseguía unha cómoda vantaxe en Oleiros diante do Atlántico, o que fai que permaneza na segunda posición detrás do favorito Balonmán Porriño.

Esta xornada tiña diante un equipo de similares características ao Xiria, con ataques rápidos e directos o cal fixo nenesaria a máxima concentración defensiva, defensa aberta e arriscada en busca do balón que leva ao contrario a moitas perdas.

Estivo acertado sobre todo de cara a gol o Grupo Lemaco, iso e as paradas dos seus porteiros permitiron amosar a súa superioridade durante todo o partido, por veces moi precipitado e perdido en defensa pero en conxunto demostrando que con intensidade e concentración defensiva poden aspirar a moito este ano.

O Grupo Lemaco B gaña en Viveiro

Balonmán Viveiro 25 – Grupo Lemaco Xiria B 39 – (13-16)

Partido de dúas caras en Viveiro, onde o equipo local aproveitando a maior envergadura conseguía na primeira metade manterse no partido a base de xogo lento e combinando co pivote e xogadores desdobrados. Non eran capaces os carballeses de imprimir velocidade a saída do balón, polo que no xogo en posición tamén tiñan dificultades para impoñerse.

Tras o descanso, unha defensa máis intensa sobre o balón do Grupo Lemaco, permitía á base de anticipación facerse co balón en defensa e lanzarse a contra en busca do gol, pasaron poucos minutos desta segunda parte e o Xiria xa cobraba unha boa vantaxe no marcador que sentenciaba de forma clara o encontro.