O Calvo Xiria recibe esta fin de semana a o conxunto olívico do Academia Octavio. Aínda que o equipo vigués ocupa a última praza da clasificación, os bergantiñáns deberán de saír concentrados e nada confiados ante a necesidade de puntos para evitar posibles sorpresas. A intensidade defensiva, a velocidade e o rigor táctico e colectivo no posicional, serán imprescindibles para conseguir una vitoria que achegue a os de Carballo a fase de ascenso a falta de catro xornadas para o remate da competición. O encontró disputarase o sábado no Vila De Noia ás 20:00h.
Por outra banda, o Grupo Lemaco Xiria disputa a fase final da división de honra. Catro equipos loitarán por unha praza no campionato de España, co sistema de liga a unha volta. O venres xogarán ás 18:00 contra o SD Teucro, o sábado ás 11:30 contra Luceros e o domingo contra o anfitrión, o AD Carballal á 13:00. Os partidos disputaranse no pavillón o Loureiro en Vigo. Unha fase con moita igualdade e esixencia, onde os cadetes do Xiria esperan facer un bo papel loitando por conseguir a única praza en xogo.