VOX e o profesor Ramón Tamames unen forzas e o prestixioso economista convértese no candidato á presidencia na moción que rexistrarán os 52 deputados do Grupo Parlamentario no Congreso o vindeiro luns.
Santiago Abascal, que insiste desde hai meses na necesidade de convocar eleccións e devolver a palabra aos españois, dá inicio á que será a sexta moción de censura da democracia cunha reunión na sede nacional do partido, na rúa Bambú, co xa candidato oficial, Ramón Tamames.
Unha vez aceptada pola Mesa do Congreso (artigo 176 do Regulamento), a presidenta da Cámara decidirá cando se debate en Pleno a moción, que poderá votarse, segundo o citado Regulamento, a partir de cinco días despois do seu rexistro.
Desta forma, e como sinala Santiago Abascal, “VOX cumpre coa palabra dada e co seu compromiso de presentar un candidato independente”. “Os deputados de VOX -dixo- queremos brindar a tribuna do Congreso a un español independente, de brillante traxectoria intelectual, símbolo da reconciliación nacional, para que represente a millóns de españois que, máis aló de partidos, esixen unha dimisión inmediata dun Goberno contrario aos intereses da nación”.
Con certo sentido de humor histórico, o profesor Tamames manifestou que “o Cid Campeador debeu sentirse de forma parecida a esta, cando lle pediu explicacións ao Rey Alfonso VI na xura de Santa Gadea”.
0