32
Gonzalo Caballero exercerá como voceiro, acompañado por Pablo Arangüena; Paloma Castro e Luis Álvarez como voceiros adxuntos na Cámara galega.
Así, o líder dos socialistas galegos intervirá nas sesións de control ao presidente da Xunta, participará nos debates do estado da autonomía e combinará a súa labor parlamentaria con visitas ao territorio e xuntanzas cos distintos colectivos: “estaremos coa xente para impulsar a saída desta crise”.
No marco dunha tarefa de oposición “leal con Galicia e contundente na defensa do benestar dos galegos para que ninguén quede atrás”, o PSdeG prestará especial atención aos eidos social, económico e sanitario e repartirá as áreas atendendo ao perfil de cada deputado ou deputada.