O Grupo Socialista insta á Xunta a “pactar un novo modelo eólico”

Martín Seco, PSdG-PSOE

O voceiro de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, vén de instar á Xunta a “pactar un novo modelo eólico” coa participación de todos os sectores implicados para “corrixir as deficiencias” do sistema. Fíxoo durante a presentación dunha moción no Parlamento sobre a política do goberno galego en relación coas negociacións entre promotores eólicos e os propietarios dos terreos, rexeitada polo PP. “Abran os ollos e actúen sobre o que está a pasar no noso rural”, aseverou o responsable socialista, quen culpou ao PP “da falla de implantación da enerxía eólica” nos últimos 12 anos. Así, lamentou que a Xunta “se agoche coma un avestruz cando é o propio rural o que lle pide axuda” e solicitan información, asesoramento ou equilibrar as negociacións.